Contexto
Olloboi é un colectivo que canaliza a súa solidariedade a través da creatividade, por iso organiza cada ano este certame que premia a orixinalidade, arte e compromiso dos traballos de moitos futuros profesionais.
Trátase dun proxecto independente e sen ánimo de lucro que se nutre do traballo e a ilusión dos socios fundadores da Asociación Olloboi desde 2010.
Por repercusión e participación (máis de 100 inscritos de toda Galicia e 10.000 visitas na súa web e redes sociais en cada unha das tres edicións anteriores) Olloboi é xa a maior plataforma da canteira do audiovisual galego.
Experiencia
No ano 2008, un grupo de profesores e profesoras do ensino público procedentes de diversos puntos de Galicia, reúnense na comarca da Barbanza e fundan o grupo Rodaxe para dar saída ás súas inquietudes comúns no mundo audiovisual.
Desde o 2010, froito do traballo deste grupo, vénse celebrando anualmente o Festival Audiovisual Olloboi, orientado ó ámbito escolar desde o ensino primario ata o superior.
No ano 2012 o grupo Rodaxe decide constituírse en asociación sociocultural sen ánimo de lucro e pasa a denominarse Marearte primeiro e Olloboi desde xaneiro do 2016, incorporando profesionais de ámbitos alleos á docencia e ampliando a súa actividade a todo tipo de expresión artística.
O Festival Audiovisual Escolar Olloboi, dirixido a alumnado e profesorado dos centros escolares desde primaria a ensino superior, transcorre nunha plataforma web durante os cinco primeiros meses do ano e culmina a última semana de maio con diversos actos presenciais: proxeccións, unha entrega de premios e un encontro de creadores e creadoras nov*s, profesorado e profesionais do audiovisual.
DESTACADO POR:
- Referende do audiovisual escolar.
- Audiovisual como ferramenta educativa.
- Vínculo de profesionais galegxs do audiovisual cos amateurs máis novxs.
Profesionais para seguir o fío:
- Susana Diz
- Manuel Garrido
- Yaiza Vicente
- Ana Moreiras
- Manuel Álvarez
- F. Javier Paz