Contexto
O Arde Lucus comezou a súa andaina no ano MMII ligado ao solsticio de verán e cun obxectivo primordial: rememorar a fundación da cidade de Lugo recreando o seu pasado romano.
Conxúganse os aspectos lúdicos e culturais, coa maior rigorosidade histórica posible. O recinto histórico amurallado transfórmase, cada ano durante tres días, en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana, ofrecendo a quen a visita un completo programa de actividades, nun marco incomparable como é a Muralla, que cobra durante a festa un especial protagonismo.
Outro elemento clave deste evento é a implicación das súas xentes, os axentes sociais, colexios, asociacións, clubs deportivos… Xa sexa con roupas romanas ou castrexas, toman as rúas durante toda a fin de semana, participando activamente no espírito da festa.
Experiencia
Grazas ao esforzo conxunto do goberno local, da cidadanía, das asociacións de recreación histórica e de diversos organismos privados que colaboran a través do seu patrocinio, o Arde Lucus foi medrando, converténdose nunha conxugación perfecta entre ocio e cultura, nun referente a nivel nacional, cunha grande repercusión mediática e de afluencia de público, e consolidouse de tal xeito que no seu décimo aniversario (MMXI) logrou o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Galego.
Moitas son as sorpresas que se poden atopar nas rúas e prazas do renacido Lucus Augusti. Lume, música, seres de lenda, guerreiros e guerreiras celtas e lexionarios romanos, civitas e visitantes, seres mitolóxicos… Así como actividades e espazos temáticos: circo romano, asentamento militar das tropas romanas, bodas celtas, o mercado (Macellum), etc.
Outro elemento crave deste evento é a implicación das súas xentes, os axentes sociais, escolas, asociacións, clubs deportivos… Xa sexa con roupas romanas ou castrexas, toman as rúas durante todo o fin de semana, participando activamente no espírito da festa.
DESTACADO POR:
- Trátase dunha iniciativa cun indubidable éxito de público.
- O seu impulso e organización conta cunha destacada implicación mixta público-privada.
Profesionais para seguir o fío:
- Contactar coa entidade impulsora