Contexto
Atlantic Fest é un festival que se celebra a comezos de verán na Illa de Arousa. O seu principal atractivo é este emprazamento: un entorno salvaxe e mágico, idóneo para acoller un festival de música destas características, que vai dirixido a un público que busca pasar un fin de semana inesquecible.
A Illa de Arousa é a inspiración orixinal detrás dun desexo de crear un festival completamente diferente ao resto. Un festival onde acordar nunha praia bandera azul, onde descansar e tomar o sol ata o comezo das actuacións.
O Atlantic Fest apoia esencialmente a escena underground, incluíndo aquí calqueira proposta interesante e novidosa.
Experiencia
Atlantic Fest está creado por un equipo que se alimenta das ideas e desexos das personas que o visitan.
New Live encárgase da organización de Atlantic Fest. Con máis de 15 anos de experiencia na organización de eventos, comezan este novo camiño organizando un festival único, cunha esencia e filosofía que o diferencian dos demáis.
Un festival onde os artistas son inspirados pola súa audiencia e se sinten libres para plasmar ese sentimento en directo.
DESTACADO POR:
- A súa localización idílica, que forma parte ensencial da experiencia.
- As facilidades para o público familiar, con entradas gratuítas a menores e unha boa oferta en horarios diurnos.