IMPULSADO POR: Deputación Provincial de Lugo


Buxiganga

Programa provincial de apoio ao teatro amador

Carácter
Público
Territorio
Itinerante
Público principal
Xeral
Contido principal
Artes Escénicas
Periodicidade
Actividade continua

 


Contexto

Buxiganga é un proxecto cultural impulsado e coordinado desde a Deputación Provincial de Lugo que se desenvolve nos diferentes lugares da provincia cunha dobre intención.

Por unha parte apoiar o teatro amador que desenvolven os grupos/asociacións de actores/actrices afeccionados de Lugo e por outra axudar a dinamizar os diferentes lugares da provincia da man de Asociacións e Concellos. A modo de programadores, levan a actividade teatral a espazos que doutro xeito non terían acceso a ela, completando así a súa programación cultural.


Experiencia

Buxiganga afronta no 2017 a súa 9ª Edición, ano no que participan 35 grupos de teatro afeccionado de toda a provincia e 64 programadores, dos que 30 son Asociacións Culturais e 34 son Concellos. Entre xullo e outubro desenvolveranse un total de 104 actuacións en 44 localidades diferentes.

Pero ademais da actividade teatral práctica, ao longo da súa historia Buxiganga tivo outras facetas, como a da formación, co desenvolvemento de máis de 40 cursos nas diferentes comarcas (mesmo para profesionais, como o impartido por Jan Ferslev da compañía danesa Odin Teatret) ou a da publicación de libros relacionados coa Historia do Teatro Lucense. Destacar así mesmo a concesión  do  II Premio FEGATEA concedido pola Federación Galega de Teatro Afeccionado no 2012.

DESTACADO POR:

  • Tratarse nunha referencia no impulso á actividade escénica amadora.

Profesionais para seguir o fío:

  • Mercedes Lamela López
  • Ana P. Vigo Fernández

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial