IMPULSADO POR: Concello San Sadurniño


Chanfaina Lab

Experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as

Carácter
Público
Territorio
Rural
Público principal
Especializado
Contido principal
Audiovisual
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

O concello de San Sadurniño está situado ao norte de Galicia, dentro da comarca de Ferrolterra. Nos seus case 100 km2 viven aproximadamente 3 000 habitantes e 3 688 topónimos diseminados por 200 aldeas agrupadas en sete parroquias ben diferenciadas: San Sadurniño, Naraío, Ferreira, Bardaos, Igrexafeita, Lamas e Santa Mariña do Monte

Destinatarios/as:
– Creadoras e creadores audiovisuais invitados a participar cada ano na experiencia. Moitos son cineastas galegos de traxectoria acreditada, outros veciños e veciños afeccionados ou cineastas locais.
– Asociacións veciñais do concello.
– Toda a veciñanza do Concello de San Sadurniño: participantes como actores ou actrices na películas gravadas, como participantes nos obradoiros e proxeccións realizadas, ou como colaboradores/as  no desenvolvemento e produción do encontro.

O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes “nobres ” do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.

O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño. Colaboran as Asociacións veciñais de Santa Mariña do Monte, Adiante Igrexafeita, Xuntanza de Lamas , San Pipote de Bardaos, Pico de Ferreira e Aula Cemit. O encontro está patrocinado pola Deputación de A Coruña e o Concello de San Sadurniño.


Experiencia

Chanfaina’Lab, é unha novidosa experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do Concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as.

Os creadores/as audiovisuais invitados/as a pasar un fin de semana en San Sadurniño, gravan neses días un filme dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual, mais sempre tendo a San Sadurniño como referente. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras do cinema contemporáneo. Asemade a participación igualitaria de cineastas locais de diferentes idades e formacións enriquece poderosamente o encontro coa mestura de estéticas, estilos e temas que se abordan e comparten durante a Chanfainalab. Están polo tanto imbricadas  tanto a “mirada propia” -feita por creadores locais- como a “mirada allea” -polos cineastas invitad*s-;  tanto *s creador*s experimentad*s e con traxectoria consolidada, como os afeccionad*s ou cineastas que comezan a súa andaina; persoas de certa idade -algúns de 70 anos- con adolescentes -outros de 12 anos. Asemade, a selección final de participantes está composta de xeito paritario. Tod*s *s convitad*s participan de xeito igualitario independentemente da sua idade, traxectoria ou formación.

Os filmes realizados durante a Chanfainalab son proxectadas nun acto público no mes de febreiro coa asistencia dos autores/as e toda a veciñanza do concello.

 

DESTACADO POR:

  • Desenvolver unha experiencia de creación audiovisual enriquecedora para tod*s *s asistentes, a través da mistura de creador*s convidad*s e locais, e imbricada coa posta en valor do territorio.
  • Apostar tamén pola mestura de olladas interxeracionais.

Profesionais para seguir o fío:

  • Sabela Íñiguez Cinza
  • Manuel González Álvarez
  • Carmen Suárez Nieto

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial