IMPULSADO POR: AGADIC


Cinemas de Galicia

Programa de difusión audovisual para dar saída á produción feita en Galicia así como a filmes europeos premiados en festivais e certames cinematográficos.

Carácter
Público
Territorio
Itinerante
Público principal
Xeral
Contido principal
Audiovisual
Periodicidade
Actividade continua

 


Contexto

Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola AGADIC coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.

Trátase de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.


Experiencia

Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.

Cinemas de Galicia 2017 está integrado por Allariz, As Pontes de García Rodríguez, Bueu, Cariño, Cedeira, Celanova, Foz, Ortigueira e O Grove.


DESTACADO POR:

  • Facilitar o acceso á experiencia cinematográfica en vilas sen programación alternativa estable.

Profesionales para seguir el hilo:

  • Alberto Santamaría

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial