IMPULSADO POR: Concello de Santiago de Compostela


Cineuropa

Festival Internacional de Cinema non Competitivo

Carácter
Público
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Audiovisual
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Cineuropa alcanza en 2016 os seus trinta primeiros anos de vida. Tres décadas compartindo entusiasmo con varias xeracións de cinéfilos e cinéfilas nunha cita, que ano tras ano, desde 1987, subliña o mes de novembro no calendario dos amantes do cinema.

Desde as primeiras edicións, o éxito acadado foi confirmando a demanda existente dun certame destas característica en Santiago, unha cidade que se reivindica como universitaria cun público novo e con ganas de sesións maratonianas de cinema, e onde máis dunha xeración medrou ocupando as butacas do Teatro Principal, sede inicial e principal das proxeccións.

Singularizado como escaparate da filmografía que non entra en circuítos habituais e con vocación non comercial, Cineuropa atopa así un lugar non só relevante senón imprescindible na oferta cultural de Santiago de Compostela e acada unha innegable complicidade co público. Con eses cinéfilos e cinéfilas cos que quixo manter unha relación de afecto e paixón mutua todos estes anos, e que son precisamente os que valoran, cos seus votos, os filmes, nun festival non competitivo.


Experiencia

Desenvolto con orzamentos públicos, é premisa do festival que prezos e bonos sexan accesibles e que o número de pases diarios sexan suficientes para que o público poida asistir ao maior número de proxeccións posible.

O festival vén medrando en contidos e en seccións outorgando lugar preferente ao cinema de autor en Galicia, para non ser só mostra senón tamén espazo que impulsa a creación e non esquece nunca a realidade social que nos rodea afondando en temas incómodos para facernos reflexionar, para facernos medrar a través da cultura.

Arraigado na cidade, o festival non sería posible sen o apoio de entidades públicas e privadas. E, por suposto, non sería posible sen a implicación do público que ano tras ano enche as salas, chora, sente e sofre coas personaxes que habitan cada unha das pantalllas.

DESTACADO POR:

  • Ser a cita de referencia co cinema de autor en Galicia.

Profesionais para seguir o fío:

  • José Luís Losa

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial