IMPULSADO POR: Auditorio de Galicia


Curtocircuíto

Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela

Carácter
Público
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Audiovisual
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Curtocircuíto Festival Internacional de Cinema, naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do Concello da cidade, coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe. Quince anos despois, Curtocircuíto é un referente no sector cinematográfico internacional e en contacto directo con outros festivais de Europa.

O certame celebrase na primeira semana de outubro. No evento proxéctanse filmes representativos das últimas tendencias do cinema a nivel mundial, mostra os traballos galegos máis audaces da tempada, e acolle grandes lendas do cinema contemporáneo na capital de Galicia. A este evento acoden nomes de gran nivel.

O festival tamén se caracteriza por contar cunha diversa oferta de actividades, que se ven acrecentando nos últimos anos, con novos obradoiros, charlas, encontros con cineastas, presentacións, festas e concertos. O certame quere ser un evento de carácter cultural e lúdico amplo, aberto a toda a cidadanía, co cinema como núcleo.


Experiencia

Na última edición o festival contou cun total de 65 películas na súa sección oficial, chegadas desde países como Alemaña, Francia, Portugal, República Checa ou Xapón. Contou tamén coa presenza do cineasta norteamericano Abel Ferrara así como do documentalista ucraíno Sergei Loznitsa.

O programa do festival tamén inclúe talleres e concertos, estes últimos a cargo de formacións como Celestial Bums, A Illa do Tesouro ou Dragão Inkomodo. As proxeccións teñen lugar no Teatro Principal e no Cinema Numax, as actividades no CGAC e o espazo Unitaria e os concertos na Sala Capitol e na sala Riquela Club.

 

DESTACADO POR:

  • Explora a hibridación con outros contidos culturais, máis aló dos audiovisuais.
  • Permite achegarse a convidados de gran nivel.
  • Ofrece unha experiencia itinerante por numerosos espazos da cidade.

Profesionais para seguir o fío:

  • Pela del Álamo

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial