IMPULSADO POR: Mutante creativo e Concello de Ordes


DesOrdes Creativas

Festival internacional de arte na rúa

Carácter
Público
Territorio
Rururbano
Público principal
Especializado
Contido principal
Arte Urbana
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

DesOrdes Creativas é un festival internacional de arte na rúa que se celebra cada ano en Ordes (A Coruña, Galiza, Spain) e que reúne en cada edición a unha coidada selección de artistas do millor do panorama galego, estatal e internacional.

O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana e diálogo social, que convirte vellos espazos en desuso ou abandoados en novos lugares cheos de vida e cor pra o desfrute colectivo. Un grande museo público e gratuíto a ceo aberto.


Experiencia

Durante tódolos días do festival *s artistas convidad*s están pintando ou intervindo en distintos espazos da vila. *s visitantes poden moverse polas distintas localizacións pra ver traballar a*s artistas durante todo o proceso.

Na súa oitava edición DesOrdes Creativas completou a programación con máis actividades paralelas, tales como:

  • 1ª Feira da Creatividade, onde se expuxeron e compartiron as distintas disciplinas artísticas e creativas que se estaban a desenvolver na comarca.
  • Obradoiros: Durante tres xornadas tivo lugar o obradoiro participativo titulado  “Introducción á pintura e adaptación ao mobiliario urbano” impartido por un artista urbano e ilustrador, no que se achegou aos alumnos participantes as distintas técnicas de pintura mural.
  • Concertos: con sesión vermú, música en directo e dj´s.


DESTACADO POR:

  • Tratarse dunha iniciativa pioneira en Galicia de recuperación de espazos a través da arte urbana.

Profesionais para seguir o fío:

    • Contactar coa entidade impulsora

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial