Contexto
O Encontro nace da constatación por un grupo diverso de persoas nos finais dos anos 80 da perda do patrimonio marítimo e fluvial e da necesidade de traballar pola súa salvagarda, comezando polas embarcacións por ser o elemento máis débil.
O territorio obxectivo do Encontro é Galicia e norte de Portugal, con presenza de entidades doutros paises (Euskadi, Cataluña, Francia, etc.)
Os destinatarios do Encontro son todas as persoas interesadas na salvagarda do patrimonio marítimo e fluvial, especialmente as asociacións e entidades de todo tipo que están recuperando embarcacións ou outros elementos do patrimonio. Así mesmo está dirixido a toda a sociedade, buscando a difusión deste patrimonio e da súa problemática.
Os obxectivos deste evento son dous:
- Crear un punto de encontro, un entorno de relación entre persoas interesadas neste tema, que busca a presenza de diversidade xeográfica, temática e sectorial nas entidades presentes.
- Promover a defensa e salvagarda do patrimonio marítimo e fluvial a través do seu estudo e da súa difusión na sociedade. Isto implica a creación de espazos expositivos, mostras, demostracións, edición de publicacións, etc. ademais da propia presenza das embarcacións.
Experiencia
O proxecto consiste na realización dunha reunión de barcos tradicionais e de persoas e asociacións interesadas na salvagarda do patrimonio marítimo e fluvial acompañada de todo tipo de actividades relacionadas con este tema.
Este evento é itinerante e é unha asociación integrada en Culturmar quen debe presentar á asemblea da Federación un proxecto de evento para o seu porto de orixe. É un requisito imprescindible que o pleno do Concello onde se vai realizar o Encontro acepte por unanimidade participar na organización e implicarse economicamente e sobre todo cos recursos de que dispón.
Crearase na localidade elixida pola asemblea un Comité Organizador no que obrigatoriamente estarán representantes da entidade local que solicitou o evento, do Concello e de Culturmar. Asimesmo estarán no Comité representantes de todas as entidades locais que van participar de forma significativa na organización do Encontro. Estas entidades son de todo tipo: asociacións de veciños, culturais, profesionais, etc.. Todas as persoas que participan na organización e en gran parte da execución do evento son voluntarias, salvo puntuais apoios técnicos de empresas e profesionais, que sin son remunerados.
DESTACADO POR:
- Ser un exemplo de colaboración entre entidades de salvagarda do patrimonio, a través da socialización e a reivindación festiva.
- O seu modelo de organización rotativa e horizontal mixta público-privada.
Profesionais para seguir o fío:
- Manuel García Sendón
- Víctor Fernández González