IMPULSADO POR: Concello de Arteixo


Feira Histórica – Arteixo 1900

Feira de temática histórica, ambientada na época comprendida entre os anos 1900 a 1950

Carácter
Público
Territorio
Rururbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Popular-Histórico
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Hai doce anos, no ano 2000, xurdiu a idea de crear unha feira histórica dentro dos actos homenaxe ao escritor Manuel Murguía, aproveitando que a Xunta de Galicia dedicaba ese ano ao escritor.

A finalidade da Concellaría de Cultura foi organizar un “acto cultural popular” de gran calado entre os veciños e con proxección fóra do Concello de Arteixo. Nunha época do ano con poucas festas ou actos en xeral.

Posteriormente foron engadindo novos obxectivos como promover o coñecemento do patrimonio cultural galego (lingua, usos, costumes, oficios, vestimenta…); poñer en valor a nosa cultura entre os mais novos e promover economicamente a feira e o comercio local.


Experiencia

Todos os anos, no terceiro fin de semana de outubro, Arteixo ofrece a posibilidade de viaxar á época do 1900. Cada edición dedícase a unha temática diferente: o mar, o amor, a emigración… tal como se vivía na época comprendida entre os anos 1900 a 1950.

As persoas que acuden á feira, se é vestida de época moito mellor, poden visitar exposicións fotográficas e de obxectos antigos, gozar vendo a carreira de carrilanas , bailar coa música de orquestras e grupos, participar en xogos populares da época, cear na gran cea baile 1900 do sábado pola noite, entre outras moitas actividades relacionadas segúnu a temática dese ano.

Para os visitantes, dende o Concello de Arteixo invítase a todos os asistentes a vestir coa roupa típica do ano 1900. Evidentemente, o devandito requisito non é obrigatorio.


DESTACADO POR:

  • En pouco máis dunha década consolidouse como un dos referentes culturais da vila e motivo de orgullo da veciñanza, que participa activamente.

Profesionais para seguir o fío:

  • Sonia Iglesias

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial