IMPULSADO POR: Concello de Sada


Feira Modernista de Sada

Sada revive o espírito dos tolos anos vinte con tres días de festexos.

Carácter
Público
Territorio
Rururbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Popular-Histórico
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

A pegada deixada polo movemento artístico do Modernismo na cidade de Sada, especialmente a través do edificio da Terraza, marcan o camiño da festa de maior personalidade do seu calendario.

Durante os tres días de celebración da Feira Modernista sucédense unha serie de propostas culturais en diferentes rúas de Sada. Mercado, música de cámara, jazz, música vocal, xogos tradicionais, pasarrúas, autos de época, exposicións, danza e participación popular.


Experiencia

No epicentro das celebracións, no entorno do Paseo Marítimo e da praza situada detrás do edificio modernista da Terraza, instálanse unhas pérgolas nas que se ubican *s comerciantes e artesan*s autorizados a participar nesta edición da feira, e que son os que dan vida ao Mercado Modernista.

O programa musical da feira Modernista potencia a música na rúa e a presenza galega e local no programa de actividades.


DESTACADO POR:

  • Consolidarse en moi poucas edicións como unha cita cultural de referencia na vila, cunha crecente participación activa da xente e un ambiente festivo e coidado.

Profesionais para seguir o fío:

  • Consultar con entidade organizadora.

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial