Contexto
Un dos días máis esperados por tod*s *s rianxeir*s nas festas da Guadalupe é o feirón mariñeiro. Aínda que semella que leva toda a vida celebrándose, levan 12 edicións deste popular evento que reúne a todos *s veciñ*s polas rúas da vila, comentando, cantando, bailando, comprando e desfrutando do día.
Todo o pobo de Rianxo vólcase coa celebración desta festa, as rúas do casco antigo de Rianxo acollen a celebración do Feirón Mariñeiro “A Feira de 1916”, unha feira ambientada no Rianxo mariñeiro de principios do século XX.
Experiencia
O feirón comeza á mañá e ao longo de todo o día, tanto veciñ*s como visitantes poden gozar dos postos de artesanía, mostra de oficios e talleres, degustar platos típicos, etc.
Neste día festéxase o carácter mariñeiro e a vinculación do lugar co mar. Ademais das festas da guadalupe que son a outra gran vinculación simbólica e motivadora dunha alta participación social da vila de Rianxo.
Neste día festéxase o carácter mariñeiro e a vinculación do lugar co mar. Ademais das festas da Guadalupe que son a outra gran vinculación simbólica e motivadora dunha alta participación social de Rianxo.
DESTACADO POR:
- Implicación veciñal na organización do evento.
- Vínculo ca identidade cultural mariñeira do pobo de rianxo.
- Presenza de cancións que falan do pobo de rianxo.
Profesionais para seguir o fío:
- Consultar coa entidade impulsora