Contexto
O festival ten lugar nun ámbito natural, nunha carballeira ao pé dun monte, facendo de anfiteatro natural. A festa iniciouse nos anos 80, momento no que o folclore galego e os grupos emerxentes de folk estaban en pleno auxe, consolidándose nos anos 90.
Anos despois, a falta de oferta cultural na zona acabou convertendo este espazo nun punto de encontro entre a mocidade dos arredores e as persoas maiores da localidade de Zas, que se xuntaban para bailar, tocar e socializar a través da música tradicional. Despois de trinta e catro edicións, o primeiro fin de semana de agosto este festival folk segue aglutinando tanto á xuventude como a público familiar e xeral arredor da música folk.
Experiencia
Na xornada do sábado realizase unha feira de artesanía durante todo o día, que acompaña a unha sesión vermú, con gastronomía galega. Ao longo do día contase coa presenza de distintos grupos galegos, apostando tamén polxs músicxs e agrupacións locais.
Pola tarde ten lugar unha gran foliada tradicional galega, onde se producen as mesturas dxs músicos profesionais e dun público que se acaba convertendo en activos da música a través da súa participación nos bailes e cantos tradicionais que van xurdindo de forma improvisada. Recupérase deste xeito, o encontro entre a mocidade e as persoas maiores, como antigamente se facía neste mesmo espazo.
O festival clausurase cun concerto de música folk-celta, con varios dos mellores grupos nacionais e internacionais.
DESTACADO POR:
- Defensa e identidade galega.
- Posta en valor dun espazo natural.
Profesionais para seguir o fío:
- Manuel Bouzas Amado
- Fidel Otero Pazos
- Guadalupe Nieto Domínguez