IMPULSADO POR: Fundación Festa da Istoria


Festa da Istoria

Festa medieval de Ribadavia

Carácter
Asociativo
Territorio
Rural
Público principal
Xeral
Contido principal
Popular-Histórico
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

A “Festa da Istoria” recorda, ano tras ano, a historia da Vila e a súa Bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.

Recuperar a Festa foi un esforzo da xa desaparecida “Escola Taller de Santo Andrés”. A testemuña foi recollida polo pobo, que representado por unha Coordinadora Veciñal a segue representando todos os anos, contando para iso cun gran número de voluntarixs.

O esforzo de todo un ano, non só queda representado neste día, senón que durante todo o ano a Coordinadora leva a cabo diversas actividades organizando cursos, talleres artesáns, recuperación de xogos populares, exposicións, etc. posibilitando así o enriquecemento cultural da Bisbarra.

Non cabe dúbida de que a actividade principal é a “Festa da Istoria” e para iso non se escatiman esforzos que se ven recompensados polos distintos recoñecementos a nivel rexional, estatal e internacional (Declarada de Interese Turístico Nacional, Premio Canle da Historia…).
 

 


Experiencia

A actual versión da Festa da Istoria é unha translación ó tempo da celebrada en Ribadavia ata o século XIX e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, Patroa do Ribeiro.

Durante dous días Ribadavia fai unha viaxe no tempo e volta á época medieval onde se pasean pola vila cabaleiros, donas, xudeos, monxes, ferreiros, artesáns, mercaderes… unha morea de culturas, relixións e oficios que só aquí teñen sitio.

Dentro dos obxectivos básicos da Festa da Istoria, sobresaen de sobremaneira a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron a propia historia de Ribadavia e da súa Bisbarra.

Neste ámbito, a Istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa esquecidos, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, canteiros, cesteiros e un longo etcétera de tradicións artesanais populares de grande incidencia na historia económica de Galicia, sen esquecer a importancia do viño do Ribeiro.

Todo iso posibilita que a Istoria favoreza o turismo rural, monumental e cultural, ata cotas insospeitadas, con visitantes de toda Galicia e do resto do Estado Español nun número xa moi importante.

DESTACADO POR:

  • Xestión cidadá da festa, está impulsada por unha asociación.
  • É a festa medieval con máis traxectoria de Galicia.
  • Posta en valor dunha vila medieval

Profesionais para seguir o fío:

  • Contactar coa entidade impulsora

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial