IMPULSADO POR: Coordinadora do Barrio de San Pedro


Festas do Barrio de San Pedro

Un barrio aberto, acolledor e orgulloso dunhas festas que se basean no traballo voluntario e a boa vontade da veciñanza.

Carácter
Asociativo
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Popular-Histórico
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

No 2004 e, partindo do colectivo que integraba a Coordenadora, un grupo de persoas decidiron traballar de cara á recuperación das festas do barrio, creando unha Comisión de Festas que soubo rescatar da memoria común a esencia das festas tradicionais actualizándoas como non aos tempos actuais e á realidade do Barrio.

Un dos puntos principais de unión é a crenza no traballo comunitario, onde as veciñas e veciños non sexan meros destinatarios de proxectos e actividades, senón provocar que dende o punto de partida (dende a análise da situación e necesidades de todo tipo) sexan protagonistas, cunha voz resultante da suma das de todos e todas.

Os obxectivos son:

  • Dar continuidade á recuperación das festas.
  • Desenvolver unha programación comprometida e diversa que implique a un maior e variado número de xente do barrio, de todas as idades, procedencias xeográficas, culturais, etc.
  • Realizar actividades que tendan a valorar cuestións propias do barrio e das súas xentes.
  • Promocionar e ubicar o Barrio de San Pedro dentro da realidade compostelá.
  • Organizar actos culturais, lúdicos e educativos no contexto das datas elexidas para as festas.
  • Favorecer o intercambio de experiencias e información entre o amplo e variado tecido asociativo do Barrio.
  • Establecer colaboracións co máximo de entidades e colectivos sociais ubicados no Barrio.


Experiencia

Xa dende os seus inicios a Coordenadora ten como obxectivos principais a organización de actividades culturais, sociais, etc. no barrio, así como servir de catalizador do tecido asociativo dando entidade ó sentir común da meirande parte das organizacións do barrio.

Hoxe xa son máis as entidades que conforman esta Coordenadora mantendo un espíritu de apertura para que teñan cabida calquera das entidades e grupos que forman parte do barrio de San Pedro.

As festas do barrio de San Pedro celébranse a finais do mes de xuño sendo un referente en Galicia pola súa forma de actualizar as celebracións tradicionais ao fusionar elementos contemporáneos como a música máis actual con formatos clásicos como a romaría, ou pola súa orientación cara a todos os públicos cunha oferta cultural e festiva deseñada por e para a veciñanza.

Dende o 2014, e debido a afluencia de público, as festas foron repensadas, tanto a feira da Primaveira, como o sabado das festas de xuño, repensando a xornada do sábado, e engadindo neste último ano unha serie de espazos novos: espazo cidadán (reflexión sobre temas de barrio), espazo ciencia, microaberto, espazo de letras, espazo sonoro, espazo de xogo.

As festas son posibles grazas á colaboración cidadá, participando máis de dúascentas persoas voluntarias na organización e máis de trescentas persoas involucradas na programación, tocando e actuando. Unha mobilización cidadá na que o obxectivo é facer barrio, entendo o barrio como un lugar habitable, e sendo as festas do barrio a posta en común do que sucede en todo o ano (interrelacións entre a veciñanza e comerciantes, achega de visitantes, persoas que viviron no barrio…).

 

DESTACADO POR:

  • Festas de barrio autoxestionadas pola veciñanza.
  • Evento tradicional fusionado con elementos contemporáneos.
  • Participación cidadá.
  • Festa tradicional que fomenta o sentimento de pertenza ao barrio

Profesionais para seguir o fío:

  • Regina Quiñoy

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial