IMPULSADO POR: Galiza Nova e Fundación Galiza Sempre


Festigal

Festival de músicas, cultura, tendencias e diversidade que se celebra en Santiago de Compostela durante os días 24 e 25 de xullo co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia.

Carácter
Asociativo
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Multidisciplinar
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Festigal é un festival de música que se celebra dende 2002 en Santiago de Compostela durante os días 24 e 25 de xullo co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia. Está organizado polas asociacións de Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, e nel adóitanse combinar os concertos con actividades culturais, lúdicas e deportivas, como presentacións de libros, debates ou obradoiros. O festival pon especial interese na potenciación de novas agrupacións musicais que se caracterizan por levar na súa identidade a música e a cultura galegas.

O festival aposta por ser escaparate da cultura galega, poñendo un especial interese no potenciamento das bases e no xerme de novas agrupacións. Deste xeito, as bandas que conforman o cartaz de cada ano caracterízanse por levar na súa identidade a música e a cultura galega, incorporando innovacións á tradición.


Experiencia

Ademais da súa vertente musical, o Festigal apostou nos últimos anos por servir de “escaparate” á actividade dos centros sociais e asociacións culturais galegas.

Ás habituais presentacións de libros e creacións culturais e ás táboas redondas da “galería das ideas” engádíuse o espazo deportivo, con exibicións de loita medieval galega, e un triangular de fútbol gaélico, un deporte de recente implantación.

Cada edición conta cunha notable afluencia de público tanto aos concertos como aos espazos culturais e á zona de xantar, de arredor das 100.000 persoas que se achegan de toda Galiza.

DESTACADO POR:

  • Ser pioneiro na creación dun espazo de posta en valor multidisciplinar da produción cultural galega.
  • O seu éxito de público ao longo do tempo.

Profesionais para seguir o fío:

  • Xavier Campos

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial