Contexto
ALT Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo celebrouse entre 2002 e 2017 co propósito de apostar pola escena libre, o traballo experimental, a combinación de distintas linguaxes, a innovación escénica, a dedicación e presentación de nov*s creador*s que ofrecen un traballo menos convencional e máis arriscado.
O festival levábase a cabo en espazos diversos da cidade: o Museo MARCO, o Auditorio Municipal, pero tamén nas rúas ou transporte público.
Experiencia
O Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo foi unha oportunidade para gozar de espectáculos de diferentes compañías e creadores nacionais e locais: danza aérea, improvisación, música, teatro…
Este festival de arte en Vigo dedicaba, ademais, unha parte do seu programa ás novas creadoras galegas no ALT.procrea coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o Área de Igualdade da Universidade de Vigo.
DESTACADO POR:
- Ser durante 16 edicións un espazo de referencia para as propostas escénicas arriscadas e alternativas en Galicia.