Contexto
O Festival Arteficial desenvólvese nas prazas do casco vello de Ribadavia, no corazón do Ribeiro. O difícil acceso á cultura alternativa fóra do medio urbano e a vontade de participación da mocidade local motivaron a aparición deste festival. O público destinatario pasa de ser exclusivamente a mocidade local ás familias locais, visitantes e turistas.
Experiencia
O Festival Arteficial é un festival aberto e accesible, unha romaría da música alternativa. Traballa para promocionar O Ribeiro e o desenvolvemento cultural local e a difusión e visibilidade da cultura alternativa galega, estatal e internacional. Paisaxe, territorio, termalismo e cultura do viño do Ribeiro son tamén cuestións importantes no desenvolvemento do festival.
DESTACADO POR:
- Promover un modelo de festival aberto e cunha clara vontade de actuar como motor de desenvolvemento cultural para unha vila do rural.
Profesionais para seguir o fío:
-
- Manuel Araújo
- Ainhoa Viñuela
- Carlos Conde
- Rafael Otero