IMPULSADO POR: Concello de Carballo


Carballo Interplay

Festival de contidos dixitais, evento pioneiro ao organizar a primeira competición de webseries de España

Carácter
Público
Territorio
Rururbano
Público principal
Especializado
Contido principal
Audiovisual
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Carballo é unha vila ao noroeste da provincia da Coruña, no noroeste de Galicia e tamén no da Península Ibérica. Ten 30.000 habitantes e é a capital da comarca de Bergantiños. Sitúase ás portas da Costa da Morte, unha zona marítima coñecida polos seus naufraxios, as súas sobrecolledoras paisaxes e cantís e por praias como a de Razo, estupendas para facer surf.

Na Costa da Morte a forza da marea é quen de afundir petroleiros, facer medrar os mellores percebes de occidente ou provocar a éxtase sensorial dos seus visitantes, especialmente cando hai temporal. Tamén a dos seus habitantes, que malia todo levan con bastante tranquilidade iso de vivir na fin do mundo.

Alí celébrase o Carballo Interplay, un festival de contidos dixitais, evento pioneiro ao organizar a primeira competición de webseries de España. Pero os seus contidos van máis alá da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de internet como medio para a narración, o humor más transgresor, a non ficción, a cultura dixital, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base.


Experiencia

Entre as actividades do CIP inclúese pitching de proxectos de webseries. Os finalistas da convocatoria para este premio dotado con 1.500 euros para a produción dunha webserie en galego, defenden os seus proxectos diante do público e dun xurado.

O Festival ofrece tamén obradoiros formativos baixo o nome de FormaCip. FormaCip é o ciclo formativo do Carballo Interplay. Dende a súa segunda edición o festival ofrece formación tanto para adultos como para nenos e nenas.

Ademais, cada edición, o CIP organiza mesas redondas, masterclasses, proxeccións, espectáculos e moito máis para tres días intensos.


DESTACADO POR:

  • Ser unha iniciativa pioneira en todo o Estado.
  • Actuar como punto de encontro de creadores audiovisuais especializados e especializadas en formatos innovadores e novidosos.

Profesionais para seguir o fío:

  • Sonia Méndez
  • Ana López

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial