Contexto
Ten a súa orixe no festival Kaldarte, creado en 1997 e baseado na escultura. Nas primeiras edicións, os artistas eran na súa maior parte estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
O apartado musical abrangue estilos diversos como o rock, electrónica, pop, indie ou hip-hop, con concertos celebrados no parque da Carballeira. A acampada é de balde na zona da Tafona, así coma tódolos concertos.
Experiencia
Na última edición, os concertos celebráronse na carballeira situada á beira do río Umia. Ademais da oferta musical, impartíronse obradoiros de iniciación para rapac*s de breakdance, beatbox, personalización de gorras y grafiti, entre outros.
Ao longo das edicións o Festival Cultura Quente mantén o seu maridaxe entre música e gastronomía.
DESTACADO POR:
- Ser unha cita musical pioneira no coidado da experiencia, da contorna natural e da conexión con outras disciplinas, ademais de coa gastronomía.