IMPULSADO POR: Sociedade Cultural e Deportiva (SCD) do Condado


Festival da Poesía no Condado

Certame poético e cultural

Carácter
Asociativo
Territorio
Rural
Público principal
Xeral
Contido principal
Multidisciplinar
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

A Sociedade Deportiva e Cultural do Condado (SDC) naceu en novembro de 1973. Esta organización está centrada na transmisión da cultura galega e no seu desenvolvemento socio-cultural desenvolvendo as súas actividades na comarca do Condado, especialmente en Salvaterra de Miño, onde está a sede da Sociedade.

A primeira edición do Festival da Poesía foi realizada en Mondariz-Balneario e, aínda que Salvaterra sería o centro da maior parte dos certames, celebraríanse varias edicións fóra (O Porriño, Ponteareas e Salceda de Caselas).

Cabe destacar que, por dificultades económicas desde 1996 até o 2001, o festival sufriu un parón. A pesar da ausencia do festival este continuou vivo na memoria da cidadanía o que permitiu a súa recuperación no 2001 coa XVI edición.

O festival comezou centrándose na poesía, pero co paso do tempo o certame foi medrando e incluíndo novos ámbitos no seu programa. Estas novas categorías sempre están relacionadas co entorno artístico, como a música, pintura, proxeccións audiovisuais ou artesanía. Tamén se poden atopar actividades de carácter lúdico como humoristas, contacontos ou xogos. Estas ultimas permiten que toda a familia gozar deste festival.

O tema principal do festival é a reivindicación social e cultural. Por iso, cada ano dedican o programa a un asunto de importancia social do momento. Tal e como reivindican na súa primeira edición, esta festa “tenta de ser o xermolo do “xunguimento”, nunha nova perspectiva, no que o factor común sexa a unidade solidaria diante da agresión cotián”.


Experiencia

Tratase dunha festa das artes e da cultura con mostras de editoriais, de tecido artesanal, alfareria, fotografia, escultura, pintura, coiro ou gaitas. Todas as formas de expresión artística tiveron e teñen cabida no festival, con xa 30 anos de duración.

Polo festival pasaron recoñecidxs poetas como Méndez Ferrín, Neira Vilas, Manuel María, Bernardino Graña, Marta Dacosta, Manolo Rivas, M.A. Fernanvello, Mª do Carme Kruckenberg, Viale Moutinho…

Ademáis de escritores/as da maior parte dos países da lusofona, de Euskadi e de Cataluña, do ámbito musical tamén pasaron cantores como Suso Vaamonde, Emílio Cao, Amancio Prada ou os portugueses José Afonso, Fausto, e Vitorino. E grupos como Fuxan os Ventos, Os Diplomáticos, Milladoiro, Hertzainak, Chouteira, Carlos Mejia Godoy y los de Palacagüína (Nicaragua), Manecas Costa(Guiné-Bissau), Paulinho Vieira (Cabo Verde) …

En varias ocasións celebrásonse concorridos encontros de humoristas dos que se editaron varias recompilacións de traballos. Destes encontros, que reuniron á maior parte dxs humoristas galegxs saíron froitos como a publicación satírica Can sen Dono, da que despois tomaría relevo o Xó!


DESTACADO POR:

  • Mistura a poesía con outras artes.
  • Facer dun acto ao redor da poesía un evento de grandes dimensións.

Profesionais para seguir o fío:

  • Lara Soto

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial