IMPULSADO POR: Asociación Escobijazz e Concello de Lugo


Festival de Jazz de Lugo

Festival de música Jazz con multitude de actuacións que se desenvolven ao longo dunha semana en Lugo

Carácter
Asociativo
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Música
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

A Asociación de Amigos do Jazz, máis coñecida como Escobijazz, vén celebrando desde 1989 este festival, copatrocinado polo concello de Lugo, a consellería de Innovación e Industria e a Fundación Caixa Galicia.
Os afeccionados do Jazz poden desfrutar de multitude de actuacións que se desenvolven ao longo dunha semana en Lugo, entre o Círculo das Artes, o club Clavicémbalo ou o Auditorio de Caixa Galicia.
Artistas de importante talla internacional visitan a capital lucense cada ano convocados por este festival, que goza dun notable recoñecemento tanto na cidade como no estranxeiro.


Experiencia

Ademais, a concellería de Educación organiza unha serie de concertos didácticos destinados aos estudantes do último ciclo de Primaria e ao primeiro ciclo de Secundaria para que descubran algúns dos principais segredos do jazz.
Nestas actuacións, que se celebran no Cículo das Artes e ás que asistiron -cada unha das súas últimas edicións- máis de mil rapaces e rapazas de todos os colexios da cidade, fálase sobre os estilos máis coñecidos do jazz, a función de cada instrumento e as características de cada músico a través de exposicións participativas que inclúen aos nenos e nenas na representación.
A edición de 2015 do Festival de Jazz de Lugo reuníu a máis de 7.500 espectadores, con cheo practicamente absoluto en todos os concertos.

DESTACADO POR:

  • Con case 30 anos de historia, é unha das citas de referencia co Jazz en Galicia.
  • Desenvolve unha importante actividade paralela didáctica entre os nenos e nenas da cidade.

Profesionais para seguir o fío:

  • José Luis Díaz
  • Alberto Grandío

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial