IMPULSADO POR: Asociación Xente Titiriteira e Concello de Redondela


Festival Internacional de Títeres de Redondela

Festival cultural de arte, música e titiriteirxs que se celebra no concello pontevedrés de Redondela dende o ano 2000.

Carácter
Asociativo
Territorio
Rururbano
Público principal
Familiar
Contido principal
Artes Escénicas
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

O Festival Internacional de Títeres de Redondela é na actualidade o mellor festival que se celebra en Galicia no que se refire a espectáculos de rúa, e é ademais un dos máis punteiros de España.

As actuacións que se poden gozar neste festival son de primeiro nivel, tanto as que se executan ao aire libre, nas rúas, coma as realizadas no Auditorio do Multiusos da Xunqueira. Ademais de contar cun amplo espectro de modalidades, dende os clásicos monicreques de man, pasando por bonecos a escala humana, bicicletas xigantes, zancudos, teatro de rúa, pallasos, malabaristas, sombras chinesas, etc.

Todo isto dá un colorido moi especial á vila de Redondela que se enche nesa fin de semana das actuacións. Tradicionalmente celébrase a finais do mes de maio, polo xeral a última semana do mes.

O Festival pretende ser un escaparate de pobos e culturas tendendo deste xeito unha ponte entre a diversidade cultural do mundo do espectáculo.


Experiencia

Hoxe en día dánse cita neste festival artistas de todo o planeta (dende a India, pasando por Hungría, Kenia, Hong Kong ou Arxentina) no que é unha incrible concentración cultural e artística, que medra ano tras ano, superando no 2012 os 30.000 visitantes segundo os cálculos do propio Concello de Redondela.

A edición de 2007 foi a oitava do festival, e a que consolidou o salto de calidade iniciado xa hai dez anos. Deste xeito o Festival supera o ámbito municipal para converterse en todo un referente artístico, cultural e turístico do sur de Galicia, xa que, na actualidade, colaboran numerosas administracións, dende o propio Concello, á Deputación provincial e a Xunta de Galicia.


DESTACADO POR:

  • Ser a cita de referencia en Galicia coas artes de rúa

Profesionais para seguir o fío:

  • Luis Crespo

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial