Contexto
O Festival Internacional Outono de Teatro celébrase en Carballo dende o ano 1992. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte coa colaboración do Concello de Carballo, e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Agadic, da Deputación da Coruña e do Ministerio de Cultura a través do Inaem, así como de Fundación Luís Calvo.
É un certame de artes escénicas que se celebra durante todo o mes de outubro na cidade coruñesa de Carballo. Este ano 2017 celebrou os seus 26 anos de andaina convertido xa nun referente a nivel nacional e internacional. Serve tanto de fiestra de entrada para os mellores espectáculos e profesionais das escénicas a nivel peninsular como de plataforma catapultadora dos artistas galegos.
FIOT é un dos festivais decanos de Galicia polo alto nivel do programa ofertado no que se pode encontrar as máis importantes compañías galegas xunto a moitas das máis relevantes compañías de outros países. Conta cun amplo conxunto de iniciativas de dinamización teatral que se foron xerando e que, máis alá da mera exhibición, implican outras facetas educativas, culturais ou sociais.
Experiencia
O Festival pretende ofrecer unha ampla e diversa mostra do panorama teatral actual, na que estén presentes compañías galegas pero tamén as de ámbito nacional ou internacional.
Dependendo das edicións, a representación internacional correspóndelle entre un 10 e un 20% da programación; á representación galega un 40%, e a maior porcentaxe corresponde a compañías procedentes do resto de España cun total do 50%.
As actividades principais do FIOT son:
Rúa dos contos: Con 17 edicións celebradas, cada ano inclúe entre 10 e 15 espectáculos de narración oral variedades ou de pequeño formato en diversos locais de hostalería. Congrega tanto
a artistas coñecidos como novos valores.
O Fiotiño: Unha actividade iniciada con éxito no ano 2013. Os nenos e nenas son os protagonistas dun divertido percorrido pola historia do teatro da man dun contacontos e un actor.
Ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identicado): O ciclo OTNI , que no 2017 celebrará a súa oitava edición, agrupa a oferta do FIOT menos convencional presentada desde novos códigos e linguaxes, e desde a dramaturxia máis contemporánea. Partindo de procesos de creación colectiva, o teatro-danza, a performance, o cinema ao vivo, as novas dramaturxias ou o microteatro, percorren o OTNI, diluíndo os límites entre a acción e a realidade, rompendo coa idea de personaxe, interpelando ao espectador, buscando a conexión emocional e a complicidade, convidando a reconstruír a obra.
DESTACADO POR:
- Festival de referencia nas artes escénicas en Galicia.
- Trascendencia internacional
- Coprodución de pezas teatrais durante o festival.
Profesionais para seguir o fío:
- Carmen Castro Pombo
- Xiana Márquez Antelo