Contexto
Play-Doc, Festival Internacional de Documentais, é un festival independente cuxos principais obxetivos son achegar ao público un cine esencial e de difícil acceso, xenerando espazos para o diálogo e o intercambio. Cada ano Play- Doc ofrece unha coidada selección das últimas tendencias do cine de non ficción a unha audiencia aberta, heteroxénea e numerosa.
Situado na cidade de Tui, Play-Doc reúne unha serie de programas competitivos e non competitivos, retrospectivas adicadas a aclamadxs cineastas de todo o mundo, ademáis de seminarios e clases maxistrais, concertos en directo e exposicións.
Play- Doc tamén aposta polo talento a través Play-Doc Workshops, unha serie de talleres nos que se exploran novas vías de produción e formación orientadas ao desenvolvemento de proxectos cinematográficos.
Play-Doc TV é unha nova plataforma por suscripción que opera en Galicia a través de R Televisión co obxectivo de levar o festival tamén á pequena pantalla para gozar dende a casa da mesma programación do festival.
Experiencia
Play-Doc alcanzou a súa 13ª edición con excelentes resultados. Preto de oito mil espectadores enchen o Teatro Municipal de Tui durante os cinco días que dura o evento, marcado por un gran número de estreas, obras inéditas, películas censuradas, colaboracións e actividades formativas. En total foron 7.793 persoas as que pasaron pola sede do evento entre o 22 e o 26 de marzo da última edición. Todos estes datos consolidan ao festival como referente do cine documental.
O evento prolóngase co traslado de parte da súa programación a outras sedes, como o Centro Galego de Artes dá Imaxe (CGAI), cineclubes de Galicia, a Filmoteca de Valencia e a Carta Branca de Tabakalera, o centro de cultura contemporánea de San Sebastián. Tamén o fai a través de plataformas alternativas, como a versión televisiva Play-Doc TV, integrada na plataforma de R Televisión, ou no webdoc sobre retrato filmado, o que permite ao festival prolongar a súa repercusión e visibilidade e facilita a accesibilidade do público aos seus contidos máis aló da data de clausura.
A sección Retratos e os talleres, seminarios e encontros programados, na súa maioría coas prazas esgotadas, completan unha programación que converten a Tui nun auténtico punto de encontro para o cine galego.
Resulta tamén de especial éxito a sala de concertos que acolle o Play-Doc Live!, a programación musical en colaboración co festival Sinsal.
Todo iso producese no medio do tradicional ambiente festivo e de intercambio cultural que caracteriza ao xa veterano festival tudense.
DESTACADO POR:
- Festival de carácter internacional e recoñecido que se desenvolve nunha vila pequena.
- Especialización de gran calidade no xénero documental.