IMPULSADO POR: Sarabela teatro


Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

Festival Internacional de Teatro que se celebra en Ourense cada outono

Carácter
Privado
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Artes Escénicas
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

O FITO é o Festival Internacional de Teatro de Ourense de outono. En outubro de 2017 celebrará o seu décimo aniversario. Constitúe xa un referente entre os principais festivales galegos.

Compañías galegas, nacionais e internacionais visitan Ourense nas datas outonais compartindo escenarios, repartidos nos diferentes espazos -Teatro Principal, Auditorio Municipal e Campus Universitario- e amosando o seu traballo artístico a uns espectadores e espectadoras críticas, afeitas á nobre arte do teatro.


Experiencia

Ademáis da liña de programación oficial, dentro das actividades paralelas, o ano pasado celebrouse o segundo encontro de Mulleres Creando, con profesionais galegas e estranxeiras do ámbito da cultura e das artes. Tivo como protagonista a danza, linguaxe artística que alimenta o espírito. Mulleres que programan, mulleres que danzan, que interpretan, mulleres que crean un mundo máis xusto e igualitario.

DESTACADO POR:

  • Criterio 1.
  • Criterio 2.

Profesionais para seguir o fío:

    • Ánxeles Cuña Bóveda

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial