IMPULSADO POR: SinSal Audio


Festival SinSal

Festival de música independente que se celebra anualmente na illa de San Simón, Galicia, sen anunciar previamente o seu cartel.

Carácter
Privado
Territorio
Rural
Público principal
Xeral
Contido principal
Música
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Sinsal é un dos festivais máis singulares de Europa, que en 2017 tivo lugar do 21 ao 23 de xullo. Ten lugar nunha illa, a de San Simón (Redondela), situada na espectacular Ría de Vigo, desenvólvese durante o día e o público só pode acceder ao festival nos barcos fletados pola organización.

A viaxe á illa é o punto de partida, a outra circunstancia que fai de Sinsal un novo modelo de festival é o cartel secreto. O público non coñece o nome dxs artistas até que entra na illa. Un cartel con referencias dos cinco continentes, coa calidade e capacidade de sorprender que caracterizan a Sinsal, que unicamente 800 persoas poden gozar cada día.
O Festival foi gañador do Premio Fest 2015 ao Mellor Festival de Formato Pequeno. Na edición 2017 dos Iberian Festival Awards recibiu os premios ao mellor programa cultural e mellor activación de marca con New Balance.


Experiencia

Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsal foi programar a artistas que inician a súa carreira musical ou demostraran unha grande conexión coa creación contemporánea. Algúns destes nomes, poucos anos despois, aterraron nos grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo. A traxectoria da promotora Sinsal, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve son un selo de calidade.

O groso da programación componse de artistas que xiran por outros festivais prestixiosos en España e Portugal: desde o Jazz á World Music, do Rock á Música Electrónica, Sinsal é un festival sen complexos. Por esa razón propón ao público un cartel secreto, unha experiencia musical máis alá de nomes concretos.

Ademais do programa de concertos que se desenvolve durante os tres días, o Festival Sinsal propón outras actividades ao público aproveitando a experiencia diurna nun espazo único.

En anteriores edicións as propostas paralelas do festival incluíron charlas e encontros, mostras de proxectos tecnolóxicos, obradoiros de videoclip e DJ, paseos en kayak, xogos populares para xs máis pequenxs, teatro, etc.

 

DESTACADO POR:

  • Aproveitamento dun espazo singular.
  • Mellor festival estatal en formato pequeno.
  • Tratase dun festival respectuoso e sostible co entorno.

Profesionais para seguir o fío:

  • Luis Campos
  • Julio Gómez

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial