IMPULSADO POR: Biblioteca Ágora (Concello da Coruña)


Libros Vivintes

Iniciativa pensada para dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria as historias de vida de veciñas e veciños.

Carácter
Público
Territorio
Urbano
Público principal
Inter-xeracional
Contido principal
Letras
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Libros Vivintes é unha iniciativa da Biblioteca Municipal Ágora que nace no 2013, dentro do proxecto Suma Ágora, e que se desenvolve dende entón coa pretensión de dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria as historias das veciñas e veciños do barrio.

Desenvolveuse, ata o momento en colaboración co IES Agra do Orzán, mais é unha proposta aberta á súa realización con calquera centro de ensino da Coruña e mesmo doutros concellos.

Libros vivintes pretende:

  • Traballar a autoestima e a cohesión social desde a valorización do propio, do propio entorno diario e da súa xente.
  • Romper estereotipos, desafiando dalgunha maneira os prexuízos máis comúns dun xeito positivo e desenfadado.
  • Promover o respecto e a comprensión dunha forma concreta, sinxela e asequible.
  • Crear unha oportunidade para manter un diálogo entre persoas con visións e realidades diferentes da sociedade e así intercambiar opinións e aprendes dxs demáis.


Experiencia

Libros vivintes celebrase en dúas edicións durante o curso escolar: en febreiro e maio. En cada unha delas trabállanse tres libros vivintes diferentes.

O procedemento de traballo comeza pola selección previa de diferentes persoas da Coruña, gravan as súas historias de vida, ficcionan e dan forma de relato a esa historia e trasladan o resultado aos alumnos e alumnas dos IES participantes.

Son as persoas participantes quenes escollen individualmente cal das historias queren coñecer, que libro vivinte queren descubrir, para o cal nunha data determinada facilitan o encontro entre as persoas protagonistas de cada relato e as mozas e mozos que os leron.

Deste modo, os libros vivintes preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir os prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería ter compartido.

 

DESTACADO POR:

  • Patrimonio inmaterial.
  • Encontro interxeracional
  • Intercambio de coñecementos non académicos.

Profesionais para seguir o fío:

  • Contactar coa entidade impulsora

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial