Contexto
No 2011 un grupo de mozos pontevedreses, retornados despois de estudiar fóra da cidade, decidiron impulsar un colectivo e un espazo onde realizar actividades culturais alternativas á oferta existente.
Alugaron e acondicionaron una antiga igrexa evanxélica con xardín, nun barrio degradado, dende onde desenvolven concertos, ciclos de cine, obras de teatro e todo tipo de iniciativas, incluídas residencias de artistas, para o cal alugaron outro establecemento anexo.
Experiencia
Con baixo orzamento e sen persoal propio, organízanse de xeito asembleario, sen xerarquías e en base á responsabilidade colectiva. Autodefínense como “okupas que pagan aluguer”, pero isto non lles resta dificultades para manter a actividade pola rixidez administrativa e de licenzas.
DESTACADO POR:
- En catro anos de actividade superan os 7.000 asociad*s e máis dun cento de actividades e eventos.
- Son un dos poucos espazos autoxestionados que manteñen un volume de actividade estable en Galicia.
- Supoñen un modelo para todas aquelas persoas que se sintan insatisfeitas co que viven na súa cidade ou vila en termos culturais.