IMPULSADO POR: Eduardo Hermida


Meninas de Canido

Movemento artístico reivindicativo que pretende chamar a atención sobre o estado de abandono do barrio.

Carácter
Privado
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Arte Urbana
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

En 2008, o pintor ferrolán Eduardo Hermida xuntouse con outros artistas para facer varios murais inspirados nas Meninas no barrio de Canido, un dos máis deprimidos de Ferrol aínda que estea a un paso do centro. A intención era facer un pouco máis bonito o barrio que lle viu nacer pintando pequenas obras de arte nas paredes dalgunhas casas abandonadas.

Parede a parede, o antigo barrio ruinoso foi adquirindo un novo optimismo, o que transmiten as vibrantes cores desta arte urbana repleto de meninas e michos, en referencia a un dos cadros máis transgresores da historia: As meninas, de Velázquez.

A acción gustou tanto que agora se celebra un festival o primeiro fin de semana de setembro para achegar a arte ao gran público e ir ampliando a obra, que xa non se limita só a murais.

Actualmente, hai máis de 250 meninas en Canido que podemos atopar en forma de pintura, grafiti, cerámica, mobiliario urbano como aparca-bicis ou papeleiras, e mesmo comercios que adoptaron o nome das famosas figuras.


Experiencia

As meninas foron unha auténtica revolución para este barrio de Ferrol que está a vivir unha segunda mocidade. As casas abandonadas están a restaurarse, constrúense novos edificios (con paredes reservadas para novas meninas) e, por primeira vez en moitos anos, veñen moitos máis veciños dos que marchan, ademais da novidade de que agora hai visitas turísticas por Canido para ver as Meninas.

Todas as meninas están expostas ao aire libre, polo que se poden ver paseando polas rúas e ruelas do barrio.

A visita guiada ofrecida pola Oficina de Turismo é recomendable para coñecer un pouco máis de como xurdiron algunhas das meninas máis emblemáticas (por exemplo, hai unha dun artista Taiwanés que reivindica os colonizadores españois en Asia), así como para non perderse as máis curiosas.

Como novidade, unhas 20 meninas pódense gozar en movemento grazas á realidade aumentada. Para iso, basta con descargar a aplicación de Visuar (dispoñible para Android e iPhone) e apuntar co noso móbil a algunha das meninas dixitalizadas.

DESTACADO POR:

  • Ter empregado unha referencia cultural universal como vehículo para a recuperación dun barrio degradado.

Profesionais para seguir o fío:

    • Eduardo Hermida

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial