IMPULSADO POR: Concello de Muros, Xubimar, Mar de Muros, Os Miúdos


Muros mira ao mar

Xornadas de cultura mariñeira

Carácter
Público
Territorio
Rururbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Popular-Histórico
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

A historia de Muros e a do seu concello está vinculada ao mar dende hai séculos. Así, a súa herdanza é un inmenso patrimonio marítimo e mariñeiro conformado por centos de anos de vida ao carón do mar. Nas últimas edicións das Xornadas de cultura mariñeira “Muros Mira ao Mar” esta preocupación está a medrar, sobre todo grazas ao esforzo do tecido asociativo e cidadán.

O mar e Muros constitúen un binomio inseparable desde os albores da historia desta vila. Por iso, son cada vez máis os esforzos colectivos da súa comunidade por recuperar e divulgar o inxente acervo cultural que legou esta relación íntima. As múltiples manifestacións da súa cultura marítima e fluvial constitúen un corpus de incalculable valor que sempre ha ser peza clave da identidade galega e da nosa memoria colectiva.


Experiencia

As Xornadas de cultura mariñeira “Muros Mira ao Mar” naceron no ano 2004 como unha aposta innovadora de turismo cultural por parte do Concello de Muros, no que se conxugasen as raíces do patrimonio mariñeiro coa difusión dunha das vilas mariñeiras máis fermosas de Galicia.

As xornadas caracterízanse por contar cun extenso programa onde se dan cabida numerosas actividades coma: exposicións, obradoiros tradicionais, espectáculos das artes escénicas e musicais, degustacións, concentracións e regatas de embarcacións tradicionais, mercado mariñeiro, carpas temáticas…

O Concello de Muros conta co apoio e colaboración de entes públicos como o da Xunta de Galicia, Portos de Galicia ou o Museo do Mar de Galicia, así como de colectivos locais como Xubimar, Confraría de Pescadores de Muros, Asociación Fotográfica de Muros e A.VV. A Ostreira.

DESTACADO POR:

  • Promover unha comisión organizadora público-privada liderada polo Concello.
  • Poñer en valor con éxito o patrimonio histórico e cultural dunha vila ligada históricamente co mar.

Profesionais para seguir o fío:

  • Madó Santos Maneiro
  • María-Xosé Alfonso Torre

PARA AMPLIAR INFORMACIÓN:

Web oficial