IMPULSADO POR: NUMAX, S. Coop. Galega


NUMAX

Un cinema, unha libraría e un laboratorio de gráfica e vídeo no centro de Compostela.

Carácter
Privado
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Audiovisual
Periodicidade
Actividade continua

 


Contexto

NUMAX é un cinema, unha libraría e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual. Trátase dunha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoas procedentes de diversos ámbitos da creación e difusión cultural que deciden colaborar para facer xuntos o que estaban afeitos a facer por separado.


Experiencia

O Cinema NUMAX liga a tradición dos cinemas de Arte e Ensaio coas estreas máis recentes e os novos cinemas de Pescuda (Recherche et Découverte), tal e como se están a agrupar na actualidade as salas que tentan anovar de maneira activa as formas cinematográficas e as prácticas culturais.

NUMAX dispón dun estudio de deseño gráfico e produción e posprodución de vídeo. O laboratorio NUMAX serve tamén de oficina desde onde se coordina toda a actividade interna da cooperativa e onde se procura a vertebración, creación e renovación constante do proxecto.

NUMAX conta tamén cunha librería na que se atopa unha selección das novidades máis destacadas do panorama editorial, combinadas cun fondo de Literatura, Arte e Pensamento que permite a convivencia entre os distintos títulos do catálogo, de maneira que se creen entre eles diálogos e relacións novas. O seu funcionamento como libraría virtual axiliza e amplía o catálogo físico.

 

DESTACADO POR:

  • Innovar na súa fórmula xurídica e financiamento, dentro do sistema cultural galego: Constituíronse en sociedade sen ánimo de lucro e lograron os 300.000 euros que precisaban grazas a unha cooperativa de crédito e ao aval solidario de 182 persoas que subscribiron a súa campaña de financiamento.
  • Aposta privada por programar cine experimental.
  • Mistura de servizos: cine, libraria, deseño gráfico, asesoramento…
  • Vinculación con outros movementos de cultura alternativa na cidade, como o WOS Festival.

Profesionais para seguir o fío:

  • Ramiro Ledo Cordeiro
  • Irma Armado
  • Pablo Cayuela

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial