Contexto
A adega con D.O Rías Baixas Martín Códax desenvolve “Os Xoves de Códax”, o ciclo de concertos estival que se realiza na terraza-lounge das Bodegas Martín Códax, esta atópase no outeiro de Burgáns, desde onde se divisa o Val do Salnés así coma a Ría de Arousa, un enclave privilexiado para gozar das postas de sol do verán, sendo a maridaxe entre o albariño e a música de artistas os protagonistas destas postas de sol en Martín Códax.
Tratase dun ciclo de oito concertos que permiten aos asistentes descubrir novas formas de sentir e vivir os viños da adega, os concertos están acompañados dunha degustación dos albariños da adega e teñen lugar os xoves de xullo e agosto a partir das 20.30.
Experiencia
Este ciclo de concertos organizados por Bodegas Martín Códax os meses de xullo e agosto cos artistas galegos mellor valorados como protagonistas, fusionándose, en moitas ocasións, con grandes artistas do panorama nacional e internacional. Convértense así en espectáculos únicos con representación de distintos xéneros musicais.
Os beneficios obtidos coa venta das entradas son destinados integramente a fins sociais realizándose donativos a diferentes asociacións que traballan con persoas en risco de exclusión social e asociacións que loitan para combater diferentes enfermidades ou mellorar as condicións de vida daqueles que as sofren así coma dos seus familiares.
DESTACADO POR:
- Xeración dunha cita social vinculada ao turismo e ao territorio.
- A música como fío conductor de elementos identitarios e culturais que xa existían na zona: cultura do viño e a paisaxe.
Profesionais para seguir o fío:
- María Garrido
- Rosa Bugallo
- O Cable Inglés