IMPULSADO POR: Asociación BricoLabs


OSHWDem

A feira da tecnoloxía aberta

Carácter
Asociativo
Territorio
Urbano
Público principal
Inter-xeracional
Contido principal
Multidisciplinar
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

A OSHWDEM é un evento aberto e demostrativo das tecnoloxías de código aberto en xeral e do Open Source Hardware en particular. É un evento libre, gratuíto, innovador e participativo dirixido a todo tipo de público, sobre todo ao non especializado que sinta curiosidade pola tecnoloxía.

Está directamente relacionado cos movementos Maker e DIY, que tentan democratizar o acceso a os coñecementos que permitan fabricar e modificar inxenios tecnolóxicos.

Desenvólvese nun evento central que dura un dia e ocupa todo o museo Domus, con exposicións, charlas, competicions, obradoiros, etc. E tamén con obradoiros que se celebran durante as, xeneralmente, duas semanas previas ao dia do evento.


Experiencia

O formato do evento é unha feira na que os participantes amosan os seus proxectos ao público asistente, explícanlles os detalles do seus desenrolos e responden as dúbidas do público.

Os proxectos están realizados na maior parte con tecnoloxías accesibles e case sempre abertas.

Xunto coa feira celébranse obradoiros, encontros, desafíos tecnolóxicos, competicións e outras actividades dirixidas aos diferentes perfís de visitante, dende curiosos ata os constructores con máis experiencia.

A maioría do público asistente é non especializado, xente que sinte curiosidade pola tecnoloxía e os artellos que se amosan e explican.

DESTACADO POR:

  • Ser unha cita pioneira e imprescindible para achegarse ao movemento maker e da cultura libre.
  • Integrar as súas actividades coas propias propostas expositivas do espazo que a acolle, a Domus.

Profesionais para seguir o fío:

    • Contactar coa entidade impulsora

PARA AMPLIAR INFORMACIÓN:

Web oficial