IMPULSADO POR: Asociación Benito Losada


Outono Fotográfico

Festival galego de fotografía

Carácter
Asociativo
Territorio
Itinerante
Público principal
Profesional
Contido principal
Audiovisual
Periodicidade
Programa curto

 


Contexto

O Outono Fotográfico, festival fotográfico, botou a andar no ano 1983, da man de Benito Losada, director da Casa da Xuventude de Ourense. Aquela primeira edición presentaba catro exposicións de fotógrafos ourensáns, ademáis do primeiro concurso de fotografía para mozxs, unha exposición bibliográfica, proxeccións de curtas con tema fotográfico e un curso teórico-práctico.

Desde aquela primeira edición o Outono Fotográfico estivo presente todos os meses de novembro en Ourense, ampliando a súa presenza até chegar a toda Galicia, e fóra dela a Chaves e Barcelona.

O derradeiro Outono Fotográfico dirixido por Benito Losada, a edición número 28, no ano 2010, estivo presente en 89 salas repartidas en 30 cidades e vilas. Foron 109 exposicións entre individuais e colectivas, ademáis de concursos, cursos e proxeccións. Nas súas 28 edicións expuxeron máis de 3.000 fotógrafas e fotógrafos, noveis, afeccionados e profesionais.

En 2011 celebrouse a 29 edición do Outono Fotográfico, organizado esta vez por fotógrafxs e co apoio das salas e técnicos culturais habituais do Outono Fotográfico, pulando por un evento tan fundamental do eido cultural ourensán e galego.


Experiencia

O OUTONO FOTOGRÁFICO é o Festival Galego de Fotografía; o decano da península ibérica, que no 2017 realiza a súa 35ª edición nos meses de outubro, novembro e decembro.

O OF organiza exposicións e prográmaas en espazos expositivos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, cafeterías…

O festival componse de catro seccións: A Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es, Intersección para traballos no límite do fotográfico e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafas/os de Galicia xa falecidos.

 

DESTACADO POR:

  • Vincula a fotografía coa cidade enteira.
  • Fotografía presente en múltiples espazos e conectada con diversos actores.

Profesionais para seguir o fío:

  • Xosé Lois Vázquez
  • Vitor Nieves

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial