Contexto
Os PMCM naceron hai cinco anos, nun momento no que a música galega rebordaba creatividade musical pero adoecía de apoios, de recoñecemento e visibilidade capaces de facer rendible o inmenso potencial deste sector estratéxico, un sector que, no caso de ser dimensionado –asunto nada sinxelo-,moi probablemente se rebelaría como o máis produtivo e con máis potencial para a cultura galega.
Experiencia
Dende o seu comezo, os PMCM veñen demostrando o increíble potencial do sector musical galego, non so pola cantidade de proxectos inscritos en cada edición, que sempre foron medrando en número, senon tamén pola calidade dos mesmos. Así mesmo, a súa acollida polos distintos axentes do sector, foi plenamente satisfactoria, aumentando a participación de outros colectivos, como a prensa, os programadores e os productores, no propio certame.
DESTACADO POR:
- Ser unha festa promovida por músic*s e para músic*s, cunha gran calidade nos detalles organizativos.
- O seu modelo de patrocinio, cunha empresa que aposta decididamente pola cultura galega.
Profesionais para seguir o fío:
-
- Ramón Bermejo
- Guillerme Fernández
- Xosé Lois Romero
- Aitana Cuétara
- Iria Pinheiro
- Fernando Abreu
- Víctor Franco
- Manuel Alonso
- O Cable Inglés