IMPULSADO POR: Rede Museística Provincial de Lugo


Programa Institucional Inclusivo da Rede Museística Provincial de Lugo

Museo para todxs entre todxs

Carácter
Público
Territorio
Rururbano
Público principal
Inter-xeracional
Contido principal
Multidisciplinar
Periodicidade
Actividade continua

 


Contexto

O Programa Institucional Inclusivo da Rede Museística Provincial de Lugo desenvólvese nos catro museos da Rede Museística, en toda a provincia de Lugo e as redes que se tecen no contexto de museos públicos inclusivos e accesibles, museos de comunidade.

Xorde da necesidade de reivindicar o “público”  facendo accesibles tanto os espazos como os contidos dos catro museos a toda a cidadanía tendo como socixs ao tecido social e á comunidade.


Experiencia

Para a realización dun Programa Institucional Inclusivo integral (PII) como museos públicos, creouse  un departamento de Capacidades diferentes e Accesibilidade desde onde se xestionan, a través da xerencia, os catro museos (Museo Provincial de Lugo, San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor).

No PII entendese o concepto de accesibilidade como un factor clave para a inclusión. Con el buscase cumprir a función social dos museos como institución pública. Isto é, que calquera persoa poda usalos e gozalos como usuarixs ou como traballadores .

As pautas de actuación levadas a cabo para realizar un “Museo con/para todxs” foron as seguintes

  1. Diagnose: O achegamento e diagnose dos museos. Cos colectivos e coa comunidade para propoñer solucións: coñecer ás persoas, coñecer as realidades.
  2. Organización: Procura de asesoramento e formación.
  3. Execución de plans, programas e proxectos en busca de solucións con avaliacións posteriores a cargo de axentes externos e medidas rectificadoras sempre que son precisas.

 

DESTACADO POR:

  • A cidadanía son os protagonistas activos das actividades e exposicións.
  • Estrutura de xestión autónoma, profesional e participativa.
  • Accesibilidade da cultura e do patrimonio a todos os públicos.
  • Apertura a novos públicos, para crear redes de traballo con outras institucións e con axentes artísticos, sociais e culturais.

Profesionais para seguir o fío:

  • Encarna Lago González

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial