Contexto
O Proxecto Terra vai dirixido aos niveles de formación obrigatorios na etapa educativa de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), garantindo o acceso aos seus contidos á totalidade da poboación escolar. Entre as intencións educativas do proxecto destacan as seguintes:
• Intervir nos niveis de formación obrigatorios para presentar os problemas básicos de ocupación do territorio e da arquitectura, contribuíndo a superar a visión desta como estudo de forma e/ou arquitectura histórica.
• Contribuír á posta en valor do patrimonio construído herdado, entendéndoo como resultado dun continuo histórico que ten a virtualidade de unir pasado, presente e futuro.
O Colexio de Arquitectos desenvolve este ambicioso proxecto cultural, co ánimo de contribuír a que a cidadanía perciban a arquitectura e o territorio como piares básicos da cultura galega. Está dirixido ás diferentes idades da educación obrigatoria, coa finalidade de dotar de coñecementos e criterio á xuventude e crear nela a capacidade de valorar e discernir o valor dos elementos constitutivos das paisaxes da terra. Nace como unha resposta ás agresións e impactos que sofre a paisaxe galega, en gran medida como froito do descoñecemento e a perda cultural e afectiva, así como o desprezo polo contemporáneo.
Experiencia
A experiencia recolle tipoloxías paisaxísticas de toda a comunidade galega, facendo especial fincapé nos elementos construídos da arquitectura popular e as unidades territoriais de funcionamiento da paisaxe: a aldea, a parroquia, as agras, os montes, etc…
É un proxecto dirixido ás futuras xeracións do país en el que se intenta explicar a idiosincrasia do territorio galego e a súa arquitectura popular e como se insertan as arquitecturas contemporáneas.
Supón unha innovación por canto incide sobre un dos piares para o coñecemento e aprecio da paisaxe galega, elevando a disciplina á categoría de ensinanza regrada.
DESTACADO POR:
Profesionais para seguir o fío:
- Antonio Díaz Otero
- Xosé Manuel Rosales Noves