Contexto
Redondela é unha vila con longa tradición de colectivos sociais e dinámicos, artellada na organización de actividades comunitarias (ArteLixo, Festival de títeres, etc) mais moi próxima a Vigo, onde se desenvolve a actividade cultural máis importante de maiores orzamentos.
O Proxecto xurde na necesidade de organizar concertos para as bandas en calendario non estival para presentaren os seus traballos en formato pequeno (Auditorio da Xunqueira, 250 butacas). A idea inicial foi crear unha Rede de Músicas Soltas canda outras vilas galegas para favorecer xiras para estas bandas.
O público ao que está destinado este evento é aquel que non pode ver na súa vila música ao vivo doutras músicas fora da tempada de verán.
Experiencia
A Rede de Música Soltas de Redondela son concertos de presentación dos proxectos en activo da música popular feita en Galicia por músic*s galeg*s ou morador*s foráne*s neste país. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón gañado ao mar da vila da ría de Vigo.
A Rede de Músicas Soltas trae peixe fresco de tempada de inverno e outono, aires cálidos en tempadas de mudanza estacional. É un ciclo de concertos promovido polo Concello de Redondela e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, para músicas en pequeno formato ao redor da música popular e os seus universos.
Os concertos son sempre un sábado ao mes no Auditorio da Xunqueira de Redondela nas tempadas de inverno e primavera.
DESTACADO POR:
- Os seus formatos íntimos, próximos ao publico.
- A súa coidada selección de artistas.
Profesionais para seguir o fío:
- Mauro Sanín Leira
- Olga Nogueira