IMPULSADO POR: Reperkusión S. Coop.


Reperkusión

Tres días e tres noites de música, circo e empatía

Carácter
Privado
Territorio
Rural
Público principal
Xeral
Contido principal
Música
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

O Festival Reperkusión celebrou en 2015 a súa 13ª edición. Fíxoo na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, onde pechou a tempada de festivais coa súa popular mestura de músicas de todos estilos e procedencias.

Ao longo destes anos pasaron polo festival artistas como Manu Chao, Fermín Muguruza, Russkaja, 2Many Dj’s, Emir Kusturica & TNSO, Los Delinqüentes, PinkerTones, Macaco, Wagon Cookin, Muchachito Bombo Infierno, Os 3 Trebóns, Ojos de Brujo, Fanfare Ciocarlia, Eskorzo, Os Diplomáticos de Montealto, Telephunken, Sargento García, etc.


Experiencia

Reperkusión é un evento multidisciplinar que busca a orixinalidade en todos os estilos que acolle baixo o paraugas da mestizaxe cultural. No Reperkusión mestúrase música, circo, humor, formación, compromiso… e por encima de todo bo ambiente e moita festa para todos os públicos.

O Reperkusión son tres días e tres noites de festicultura, preto de 60 horas de programación para todos os públicos, practicamente sen interrupción desde o venres ás 19h ata a madrugada do domingo. Todas as actividades de día son gratuítas, só son de pago os concertos das noites do venres e o sábado.

Concertos, cursos, mercados, espectáculos de rúa, son as actividades principais que se desenvolven no marco do Festival Multicultural Reperkusión, celebrado no mes de septembro.

O festival multicultural, que está enmarcado dentro da plataforma Galicia Escoita, convertíuse despois de varias edicións nun referente da programación de verán e unha das citas máis agardadas do ano.

DESTACADO POR:

  • Criterio 1.
  • Criterio 2.

Profesionais para seguir o fío:

    • Contactar coa entidade impulsora.

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial