IMPULSADO POR: ONP Productions


Resurrection Fest

Un dos festivais de música hardcore, metal e punk de referencia en Europa

Carácter
Privado
Territorio
Rural
Público principal
Xeral
Contido principal
Música
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Resurrection Fest é un festival de música que ten lugar na localidade de Viveiro, na provincia de Lugo. O festival, tamén coñecido como Resu, celébrase dende 2006 no verán cun programa músical centro na escena metal, rock, hardcore e punk.

Edición tras edición, o festival conseguiu consolidarse como o maior festival hardcore/punk e metal de toda a peninsula, ademáis de manter unha das mellores relacións calidade/precio entre todos os festivais europeos.


Experiencia

O festival ten lugar nunha contorna moi particular: a vila de Viveiro, de tan só 15.600 habitantes e cuxa implicación no Resu é cada vez maior. Ano tras ano evidéncianse as sinerxías positivas entre os habitantes e o público -que van máis aló do impacto económico na comarca- chamando a atención a hospitalidade duns e o civismo dos outros, o que convirte a este festival de tamaña magnitude en todo una paradigma.

A proximidade de praias e paisaxes salvaxes fai máis atractiva a asistencia ao mesmo e aos itinerarios que programa para que o público do Resurrection, ademais de coñecer Viveiro poida visitar outros lugares de interese próximos ao municipio.

Unha das actividades complementarias desenvoltas con maior éxito  por este festival é o ResuKids: a experiencia festivaleira definitiva para os máis peques da casa.

Está pensado para que os nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, aprendan gozando, e que descubran ou reafirmen aficións que teñen en común cos seus pais, como a música, ir de concertos, ver exposicións, ou viaxar. Os Resukids teñen un sitio habilitado a menos de 1 quilómetro do recinto, nas inmediacións do Casino Club Naútico de Viveiro, o cal conta cunha gran zona axardinada, cancha de fútbol, baloncesto e tenis, e ese é o sitio de encontro coas familias.

Actividades como asistir a unha rolda de prensa, á gravación en directo dunha entrevista, visitar as instalacións do festival, coñecer ás persoas que traballan duro para facelo posible, subir a un escenario, gozar de concertos acústicos inéditos, clínics, ou coñecer de primeira man artistas internacionais son algunhas das cousas das que poden gozar os máis pequenos da casa.

Todos os concertos son gravados e poden verse na web, no apartado Resurrection Fest TV. Tamén contan cunha app propia para android e iOS con información, recordatorios para concertos favoritos, xeolocalización de lugares e a través da cal se pode recibir as novidades e avisos (atrasos en bandas, cambios de horario, firmas de discos, etc.) ao momento.

 

 

DESTACADO POR:

  • Festival máis importante do seu estilo a nivel estatal e de referencia en Europa.
  • É un dos eventos de maior dimensión en Galicia.
  • Xera un gran impacto económico na vila de Viveiro.

Profesionais para seguir o fío:

  • Iván Méndez
  • Iván Pérez

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial