Contexto
REXENERA FEST, o Festival Internacional de Arte Pública de Carballo, pretende reunir cada ano o mellor da escena galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana, para así facer de Carballo un gran museo ao aire libre que está medrando ano tras ano.
O festival serve como unha xanela de Carballo aberta ao mundo, que sitúa no mapa a vila a través das súas rúas e favorece un turismo cultural diferente na zona urbana do concello.
Experiencia
Rexenera Fest actúa en cada edición como un axente rehabilitador contra o feísmo urbanístico e utiliza as rúas como un espazo de diálogo e de expresión artística. Rexenerando espazos deteriorados, achegando valor engadido á paisaxe urbanística, dinamizando o tránsito peonil e expandindo os espazos de lecer nas zonas nas que se está a intervir.
Durante unha semana, xs artistas participantes traballan en distintas localizacións, ás que os veciños, veciñas e visitantes poden achegarse e apreciar a habilidade e todo o proceso artístico de cada obra.
DESTACADO POR:
- Ser un modelo na aplicación da Arte Urbana como elemento rexenerador dunha vila con graves problemas históricos de desenvolvemento urbanístico