IMPULSADO POR: Concello de Ribadeo e A.C.I.S.A


Ribadeo Indiano

Festa de ambientación indiana que se celebra na cidade de Ribadeo durante unha fin de semana de xullo

Carácter
Público
Territorio
Rururbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Popular-Histórico
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

RIBADEO INDIANO busca dar a coñecer e á vez valorar o legado que a emigración deixou na nosa sociedade: un importante patrimonio arquitectónico, tanto en arquitectura doméstica como pública (escolas, casinos, cines, cemiterios, fontes, igrexas, etc), e unha influencia nas sociedades da época, na industrialización, o comercio, a moda, os costumes, a gastronomía…

RIBADEO INDIANO está dedicado a tod*s *s emigrantes, sen esquecer *s que aínda están naqueles países americanos e non puideron ou quixeron regresar como os “indianos” e dos indianos que aínda residen.


Experiencia

Aproveitando un rico escenario arquitectónico, e coa intención de rememorar vellos tempos, preténdese facer do Ribadeo do século XXI, un escenario onde localizar un ambiente propio de principios do século XX recreando unha sociedade claramente influenciada polas tradicións e modas traídas polos indianos.

Son decenas as actividades que se organizan durante esta festa na que todo o concello se volca: A Xincana indiana, a degustación de tapas indianas que todos os bares da contorna sirven durante o Ribadeo Indiano, o Xantar Campestre, as exposicións de fotografías e obxectos históricos da época, o desembarco dos Indianos e a súa benvida, a Pegada Indiana -un xogo de pistas cuxo premio consiste nunha pasaxe ás Indias-, etc.

Na súa última edición o Ribadeo Indiano supuxo un beneficio duns 3 millóns de euros no concello, que recibiu máis de 40.000 visitantes ó longo dos tres días.

 

DESTACADO POR:

  • Festa histórica diferente baseada nos procesos migratorios vividos.
  • Vinculación co pasado de Ribadeo.
  • Implicación e participación da cidadanía.

Profesionais para seguir o fío:

  • Consultar coa entidade impulsora

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial