Contexto
A celebración da Romaría Etnográfica Raigame, que cada ano ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova dos Infantes, como un elemento máis do potencial turístico-cutural que oferta Celanova dentro do programa “Celanova, un paseo pola historia de Galicia” que pretende dar a coñecer os momentos máis importantes da historia de Galicia a través dun curto percorrido xeográfico, pero dun gran salto a través da historia, como son o múndo castrexo de Castromao, a etapa alto-medieval de San Miguel a riqueza baixo-medieval de Vilanova dos Infantes, o esplendor do barroco do Mosteiro de San Rosendo e o rexurdimento da lingua galega da Casa dos Poetas.
A Romaría Etnográfica Raigame, consolídase dende o ano 2002 coa súa primeira edición, na que se comenzou a crear un certame festivo artesanal no que se pretende destacar as singularidades e características que conserva o pobo de Vilanova dos Infantes.
As numerosas actividades das que se poden disfrutar abranguen actividades de teatro e títeres, música, e ambientación polas rúas. Xs participantes que cada ano acoden a romería deleitan ós visitantes con bailes populares, xogos, contacontos e artesanía.
Raigame conta cunha serie de concursos de fotografía, traballos literarios e investigación etnográfica. Tamén se poden encontrar numerosas exposicións de todolos ámbitos da cultura galega.
Experiencia
As prazas e rúas de Vilanova dos Infantes énchense cada 17 de maio de postos onde ao redor de 80 artesáns ofrecen ao visitante os seus produtos e mostran o seu oficio. O núcleo medieval desta vila vive no Día das Letras Galegas un amplo abanico de actividades na que se exaltan as tradicións, como música e baile, oficios tradicionais, monicreques e saltimbanquis, xogos populares e exposicións etnológicas.
Desde primeira hora da mañá, a mestura de cheiros invade esta localidade ourensá, exemplo de conservación do seu patrimonio histórico. Xs visitantes, que se trasladan a unha romaría típica galega de comezos do século XX, poden comprobar in situ como se elabora unha fouce, como se tece un pano, como se labra unha pedra, como se fai unha chanca, etc.
As actuacións musicais son unha parte fundamental desta romaría. A Praza Maior, a praza de Ou Balcón e a Praza Tralacerca son os escenarios polos que, ao longo de todo o día, pasan ao redor de 30 agrupacións de baile tradicional.
DESTACADO POR:
- Criterio 1.
- Criterio 2.