Contexto
O (S8) é un evento que se celebra na Coruña a primeira semana de xuño. O (S8) trae á cidade un festival de cine internacional cun concepto único no panorama do noso país, que se olla no espello de imprescindíbeis citas mundiais como Róterdan, Oberhausen, Ann Arbor, Media City, o Images Festival (Toronto), 25 FPS (Zagreb), la Viennale, Courtisane ou Vila do Conde, situando A Coruña no mapa da creación cinematográfica.
O nome da Mostra, unha alusión directa al Super 8, é o espírito que guía a cita. Este formato de cine doméstico personifica as características do tipo de cine que desde aquí se defende. Un formato analóxico, personal e popular que, ademais de conservar a nosa memoria recente, permitiu florecer a independencia e a liberdade necesarias para os primeiros (e arriscados) pasos de cineastas hoxe recoñecidos mundialmente, e que supuxo unha mudanza no paradigma do método de traballo do cine, pois permitiu ao cineasta traballar con autonomía. O (S8) inclúe así, no seu alegórico nome, un triplo propósito: recoller o espírito vangardista e experimental -sen límite de formatos- que simbolizan estes pioneiros traballos en Súper 8 e 16mm, dar conta do rico panorama de cineastas que continúan a empregar a película de pequeno formato en pleno século XXI e revisar tamén esta historia recente do cine nun exercicio fundamental de recuperación e memoria.
Experiencia
Materialízase así en diversas seccións que reflicten o máis estimulante do panorama audiovisual actual, e que recollen traballos fundamentais da historia do cine. A música, as artes escénicas e as artes plásticas tamén teñen o seu lugar na Mostra a través de instalacións e performances que reflicten a continua retroalimentación entre as diversas disciplinas artísticas. Á súa vez, a didáctica xoga tamén un papel crucial no (S8), a través de actividades como as presentacións, obradoiros e encontros profesionais que dinamizan a actividade diaria da Mostra, e que a converten nun acontecemento estreitamente ligado á participación cidadá.
Un evento internacional que abre A Coruña ao mundo, pois converte a cidade nun foco de atención tanto nacional como internacional, onde se dan cita os máis relevantes cineastas e profesionais en activo, e que conta coa presenza dos máis destacados medios de comunicación.
DESTACADO POR:
- Criterio 1.
- Criterio 2.