IMPULSADO POR: Pazo da Cultura de Pontevedra, Concellaría de Cultura de Pontevedra


Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Programa de animación á lectura que entorno a un tema escollido previamente oferta á comunidade  escolar e o público familiar actividades vinculadas co libro

Carácter
Público
Territorio
Urbano
Público principal
Familiar
Contido principal
Letras
Periodicidade
Programa curto

 


Contexto

Está destinado a varios tipos de públicos, o escolar (infantil, primaria e secundaria), o público familiar e o profesional, principalmente docentes. Abarca toda Galicia aínda que a cercanía con Pontevedra atrae maiormente á comunidade educativa.

Dentro do amplo programa con preto de 300 actividades ao longo de tres semanas se ofertan actividades concertadas cos centros de ensino e actividades abertas para todos os públicos.

É un proxecto no que a participación de colectivos como os centros de ensino, as editoriais, os/as escritores/as, ilustradores/as, os/as contacontos, as compañías de espectáculos e moitas máis persoas é imprescindible.


Experiencia

É un programa de animación á lectura no que entorno a un tema escollido previamente se comunica aos centros de ensino xunto cunha ampla bibliografía relacionado co mesmo, para que nos centros se elaboren ao longo do curso traballos tridimensionais que logo se exporán na sala de exposicións do pazo da cultura, ambientada e caracterizada entorno ao tema. Aos centros de ensino que colaboran co salón se lles imparten obradoiros ou contacontos e visitas guiadas ao salón, composto pola exposición dos traballos, a ambientación xeral e outras exposicións temporais. Acada no vindeiro ano a súa 19ª edición e ao longo destes anos foi consolidándose como un dos proxectos culturais máis importantes de galicia, cunha gran acolllida na comunidade escolar e no público xeral, logrando cifras superiores aos 30.000 visitantes e máis de 100 centros de ensino.

Require un importante esforzo de coordinación, tanto das actividades escolares, como de toda a programación, sendo fundamental a calidade das actividades ofertadas e o servizo prestado, para o que existen avaliacións diarias e continuas para detectar calquera irregularidade ou deficiencia e subsanala inmediatamente.

O proxecto reinvéntase continuamente para tratar de seguir sendo innovador e creativo e perdurar no tempo.

 

DESTACADO POR:

  • Ser un programa de animación á lectura de referencia, cunha gran creatividade nos formatos e temáticas.

Profesionais para seguir o fío:

  • Pilar Portela Vázquez

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial