IMPULSADO POR: Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra


Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra

Formación permanente en combo, armonía e improvisación, ciclos de jazz...

Carácter
Privado
Territorio
Urbano
Público principal
Especializado
Contido principal
Música
Periodicidade
Actividade continua

 


Contexto

O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra leva xa trece anos sendo o referente deste estilo musical en Galicia, traballando dous piares básicos: a formación de futuros músicos e a dinamización deste estilo na sociedade por medio de ciclos de jazz, concertos didácticos para escolares ou a edición de traballos discográficos.

Nestes trece anos, o SPJ logrou botar as súas raices en Pontevedra, expandindo a súa semente polo resto da Galiza da man dos dous músicos máis sobranceiros do jazz galego: Abe Rábade e Paco Charlín.

O SPJ achegou a Pontevedra aos músicos máis destacados da Península Ibérica e d*s artistas máis destacados da outra beira do Océano Atlántico contando nas súas programacións cos grupos máis representativos do novo jazz galego coma Javier Pereiro Quinteto, Virxilio da Silva Quintet, Yago Vázquez Quintet, Xan Campos Quinteto, Alberto Vilas Quinteto etc.


Experiencia

Na actualidade o SPJ non só é un curso intensivo de Outubro a Xuño, senón que é un dos dinamizadores do jazz na Galiza con ciclos coma o “Jazz no Principal”, ou o “Pontejazz” (no Festival Internacional de Jazz de Pontevedra), ou cursos coma o “Pontejazz Workshop”.

Tamén neste tempo foi o impulsor do Festival Internacional de Jazz de Cangas “Canjazz” (ata o ano 2013), o “Marin Jazz Festival” (2008 e 2009) ou o Festival de Jazz de Meaño (2008 a 2010); ou cursos coma o  “Canjazz Workshop” (ata o ano 2012).

 

DESTACADO POR:

  • Ser o referente formativo no jazz galego.

Profesionais para seguir o fío:

  • Abe Rábade
  • Paco Charlín
  • Luis Carballo

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial