IMPULSADO POR: Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra


Sétima feira

Iniciativa que ten como finalidade dinamizar a escea creativa de Pontevedra, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre novxs creadorxs e o comercio local.

Carácter
Público
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Multidisciplinar
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

A Sétima Feira celébrase no Mercado de Abastos de Pontevedra.

Responde ás necesidades de promocionar a canteira creativa da vila, dinamizar unha zona en degradación e atraer públicos novos ao mercado.

Diríxese a*s nov*s creador*s (moda, artes plásticas, música, gastronomía…), comercio local e público xeral.

 


Experiencia

Sétima Feira é un mercado de creador*s emerxentes que se celebra cada segundo sábado de mes de 11 a 15h no mercado de abastos de Pontevedra. Pretende facer de escaparate da canteira creativa do país, mesturando moda, arte, música, gastronomía e comercio local.

SF é un espazo efémero que nace en febreiro de 2016 coa pretensión de transformar a zona da rúa Serra nun escenario comercial e cultural, onde convivan moda, comercio local, gastronomía, música, arte e animación, achegando un espazo a aquelas propostas creativas que buscan dar a coñecer o seu traballo.

 

DESTACADO POR:

  • Mesturar acertadamente a promoción da canteira creativa coa dinamización do comercio local.

Profesionais para seguir o fío:

  • Andrea Nartallo
  • Ana Gulías

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial