Contexto
TRCDanza é a programación anual de danza que se ven organizando no Teatro Rosalía de Castro. Neste ciclo mestúranse a danza contemporánea coa danza teatro e o neoclásico. Un programa cheo de grandes bailarín*s e coreógraf*s.
TRCDanza incorpora a programación expandida, un traballo de mediación cultural, con talleres, danza na rúa, ect. O obxetivo é atraer aos veciños á danza de maneira sinxela, para que desenvolvan o gusto por ela e formar a aqueles que xa albergan interese.
Experiencia
O ciclo complétase coa Programación Expandida, un conxunto de actividades complementarias que inclúen conferencias e encontros formativos co fin de poñer en valor a danza entre a cidadanía a través da relación cos propios artistas convidados.
Dentro do novo concepto de “programación expandida“, procúranse vínculos entre o discurso, pensamento, obra e traxectoria d*s artistas e os proxectos da cidade e das persoas que a configuran. É un xeito de acompañar e visibilizar dun modo máis profundo as distintas pezas e artistas convidados no TRCdanza.
Dentro desta programación está a liña PreTextos, na que un profesional do territorio é convidado a poñer en contexto a obra dun determinado artista convidado ao programa TRCDanza.
DESTACADO POR:
- Coidada selección artística.
- Programación expansiva.
- Vinculos co eido educativo.
- Divulgación de artes minorizadas.